Pensei moito se debía facer ou non este post, porque ata eu me saturo de min mesma. Ás veces semella que teño a cabeza coma un balón desinflado de tanto cavilar. Entre frivolidades varias e “cousas de maiores”, o que encerra o meu cranio ao final non é un órgano ben armado e milagreiramente creado pola natureza para que bípedos coma min poidan pensar, senón unha barra de manteiga que en calquera momento se derreterá de tanto quentala. Pero é que hoxe fun votar. Si, os que estamos “de aventureiros”, xa sexa alén dos Pirineos, xa sexa alén dos Ancares, votamos con certa precocidade. Nin xornada de reflexión nin farrapos de gaita, o pasado luns puxen cinco minutos do debate dos “partidos minoritarios” e dixen, estou preparada para votar. Como me amo...
Estas
eleccións son algo así como un gran no cu. Europa segue sendo esa cousa etérea
e pouco ou mal definida que en teoría é moi importante para todos nós pero coa
que aínda non nos identificamos o suficiente como para pensar que as nosas
decisións quinquenais poden ter algunha relevancia (boeno, ben mirado, o estado
español tamén me casa ben con esta consideración...). O parlamento europeo é un
gran cemiterio de elefantes (todas as vellas glorias dos grandes partidos están
aí disfrutando dun retiro que nin Hugh Hefner), a UE vén sendo unha especie de
vehículo ao servizo dos intereses dos “guays” (véxase Alemaña, zum Beispiel), cousa que, por outra
banda, sucede en todas as “pandillas” e conxuntos sociais. Dende esa
superestrutura de poder neoimperial e globalizador, estannos asoballando
constantemente con cifras macroeconómicas que non entendemos e cuxo ascenso ou
descenso non parece reverter na mellora da nosa calidade de vida como cidadáns
de a pé, afogándonos con esixencias difíciles de comprender que se executan a
base de tesoira e máis tesoira e vendéndonos a moto de que o mundo funciona
así, que isto é o que hai, que hai que salvar o capitalismo como sexa e que nos
temos que foder (ao máis puro estilo Andrea Fabra). Por iso estas eleccións
parecen máis unha pantomima, unha medida de distracción só superada polo
mundial de Brasil (iso si que vai ser un placebo salvaxe), un pequeno descanso
de 15 días (mais a pre-campaña) para que Mariano e Alfredo e os seus acólitos
se envolvan nun αγών destes do estilo de “ti es malo, e ti máis” que non
conduce a ningunha parte e que xa empeza a estar moi balorento. Como unha
especie de ensaio para a traca final das eleccións xerais que (oh! Sorpresa!)
se celebran o ano que vén.
Ben,
pero isto non é unha carta para pedirvos o voto para ningún partido (aclaro
porque a redacción “mitineira” deste último parágrafo deume medo e todo). Estes
son días de campaña electoral, ese esperpento celebrado e deostado a partes
iguais, e tratarei de cinguirme a iso, á campaña en si (que orixinal son,
madré!). Debo recoñecer que para min é moi divertido ver en que cae a batalla
dialéctica polo poder, antropoloxicamente é un fenómeno digno de estudo, e
tamén hai un compoñente moi pop nas
campañas electorais que lles dá certa gracia. Debe ser por iso polo que, a
pesar de todo o que me cabreo co dispendio público que esta panda de mangantes
utiliza para sufragar os gastos dunha campaña electoral, o paso moi ben coa
mesma. Así que déixenme que lles presente aos actores desta comedia e toda a
pompa que traen consigo (sempre con medo a que me pechen o blog, claro está, porque
agora parece que volvemos aos tempos dos censores e dos estados de excepción).
De
papá pitufo a homo cañetus. Así se
resume a bagaxe de Miguel Arias Cañete na presente campaña electoral. Teno todo
para triunfar en Europa: media vida chupando do bote, diarrea verbal e unhas
pousadeiras ben repoludas para encaixar no escano do europarlamento mentres
dorme a sesta. Aínda que estes días estivo no ollo do furacán debido á polémica
desatada polas súas declaracións machistas en alusión ao cara a cara que
mantivo coa súa antagonista máis directa, Elena Valenciano, todo apunta a que
será o vencedor indiscutible destas eleccións (é que nos puxeron narcóticos
para cabalos, por iso segue gañando esta xente as eleccións). Sabe ler, que non
é pouco, así o demostrou no pertinente debate electoral; ten un estómago a
proba de iogures con mofo e, sobre todo, ten moitas ganas de degustar esa
especie de “soño europeo” que lle espera despois destas eleccións: gañar pasta a
esgalla e non rascala. Un elefante de pro respaldado por uns vídeos de campaña dignos de Botín (por que será que nos recordan sospeitosamente ao anuncio dunha
compañía de seguros? Casualidade?) e da “tele dos bispos”. Mundial.
Elena
Valenciano xa dá para bastante menos texto...
Non vou desenterrar o tweet sobre Ribéry para encher o parágrafo, diso xa se encargou González Pons no debate cos “partidos minoritarios”. Valenciano é unha vítima máis dunha desas cousas que tanto lle gusta facer á socialdemocracia española (coño, vou reorientar a redacción antes de parecer de Intereconomía!): presentar un rival absolutamente oposto ao do contrario para que pareza que non son tan rancios coma ese contrario (porque de esquerdas, o que se di de esquerdas, non son). Ben, eu de estratexia política moito non entendo, a verdá, pero vendo o panorama parece que os tiros foron un pouco por aí. Vello verde vs. Muller nova (a película do verán, con permiso de Batman vs. Superman). Non dá para moito esta muller, está cortada por un patrón un tanto insulso e anticarismático... Pero, ea! Non nos desanimemos, que temos uns vídeos caralludos para solucionalo! Ou non... O certo é que o que hoxe é o principal partido da oposición leva un par de campañas moi decepcionantes, onde quedan os tempos nos que se “defendía a ledicia”!!!
Non vou desenterrar o tweet sobre Ribéry para encher o parágrafo, diso xa se encargou González Pons no debate cos “partidos minoritarios”. Valenciano é unha vítima máis dunha desas cousas que tanto lle gusta facer á socialdemocracia española (coño, vou reorientar a redacción antes de parecer de Intereconomía!): presentar un rival absolutamente oposto ao do contrario para que pareza que non son tan rancios coma ese contrario (porque de esquerdas, o que se di de esquerdas, non son). Ben, eu de estratexia política moito non entendo, a verdá, pero vendo o panorama parece que os tiros foron un pouco por aí. Vello verde vs. Muller nova (a película do verán, con permiso de Batman vs. Superman). Non dá para moito esta muller, está cortada por un patrón un tanto insulso e anticarismático... Pero, ea! Non nos desanimemos, que temos uns vídeos caralludos para solucionalo! Ou non... O certo é que o que hoxe é o principal partido da oposición leva un par de campañas moi decepcionantes, onde quedan os tempos nos que se “defendía a ledicia”!!!
A
campaña máis pop, sen dúbida, é a dos
nacionalistas galegos. Pero é que non vale, levar á grandísima actriz Isabel
Risco nas listas é sacar moita vantaxe das ánimas (como apunte, o seu xenial e divertidísimo discurso nos pasados premios Mestre Mateo). E Suso de Toro. E o
Carrabouxo nos mítins... O dito, “non se vale”. Boeno, intentarei non cebarme
moito con eles, que andan un pouco anoxados co tema da censura na “radiotelegaita”
(non é para menos, aínda que algúns poidan pensar que din soberanas chorradas
non creo que sexa lícito silenciar a información que lles atinxe, pero boeno, o
meu cú, a miña opinión). Pero, oes, que lles estou facendo campaña dun xeito ou
outro e dándolles bombo con este parágrafo, unha cousa compensa á outra. As
coalicións sempre foron un recurso moi socorrido para esta formación, que desta
vez concorre coa esquerda abertzale
sempre sospeitosa neste país (cando non se sabe a quen botarlle a culpa de
algo, sempre se lle bota ou a Zapatero ou ao nacionalismo, “porque 13tv lo vale”),
enésimo compañeiro de cama nestas eleccións. Nada que sexa peor que o
bipartito, desta vez, polo menos, van cun partido de esquerdas! (ai, “me
troncho”...) Pero non son os únicos que merecen ser acusados de promiscuidade
ideolóxica, eh! E aí o deixo, eu quédome coa magnífica Isabel Risco, que
desprende talento e bo rollo por todas partes!!! E con ese slogan que nos invita a ser rabudos... (esto... a tecnoloxía debe estar confabulada con Rosita, porque só me deixa poñer o vídeo en hipervínculo)
Pero
aínda non acabei cos nacionalistas! Ancha e diversa é Galicia e tamén o é o seu
nacionalismo, tan multicolor... Aínda que non é o candidato da súa formación a
estas europeas (que se presenta tamén coligada, con Esquerda Unida), alí onde
vai Beiras sempre hai unha frase memorable ou unha reflexión que leva a pensar “que
tolo está este fulano pero como lle dá á cachola”... Non se pode esperar menos
do artífice dos épicos zapatazos no parlamento galego...
E
logo está a última terna de "disidentes" que aparecía na Vida de Brais. Si, meus señores, falo de Compromiso por Galicia,
esa sorte de socialdemocracia nacionalista que agromou trala escisión do Bloque
e que vai camiño de Europa da man de PNV, CiU e CC. Seguen sen ser moi
numerosos pero inténtano e por iso son entrañables...
Seguramente
a estas alturas da vida, todos vostedes oirían falar do “chico da coleta”. Dun
tempo a esta parte, Pablo Iglesias erixiuse nunha especie de rock star das tertulias catódicas e
agora deu o salto á area política co partido Podemos para enfrontarse cuan gladiator ás feras da dereita mediática e á que é menos mediática. Como
politólogo e lector de clásicos da teoría política como Maquiavelo (ao que cita
constantemente como exemplo e contraexemplo), da movida algho vai sabendo e
parece que o seu discurso ancorado nos movementos sociais e nas reivindicacións
máis básicas que temos que volver facer despois de tantos anos de “estado de
benestar” está calando dun xeito máis ou menos eficiente nun sector de poboación
ao que conseguiu movilizar (só queda por ver se as urnas lle dan a razón). Que
boten a temblar Marhuenda, Inda, Rojo e compañía... Declárome fan deste "pixeriano" símil, por certo:
Por suposto, a ultradereita tamén quere a súa
parte do pastel europarlamentario. Así, un señor que se ve que está resentido
co seu antigo partido por non aplaudirlle o suficiente (non sei a que me soa
iso...) decidiu fundar o seu propio partido que xa conta cun millón de euros
para financiar a campaña, segundo o devandito líder, que asegurou tamén que non pensa
deixar de viaxar en business para
desprazarse á Bruxelas si resulta elixido. Si, supoño que ese é o resumo da campaña electoral de
VOX, paradigma do facherío sen “aguilucho” pero igualmente rancio que trata de copiar a fórmula que xa triunfou en países como Holanda, Francia (a musa LePen) ou Suecia. Pero que
plaxiasen o vídeo de Españistán xa me
parece o último! Dios, que grima escoitar a voz do paisano, que alguén lle dea unha juanola!!!
Ata aquí a miña escolma de candidatos, vídeos e impresións. Sei que as sensibilidades da militancia e dos simpatizantes dos distintos partidos en tempo de eleccións son máis pronunciadas e temo telas ferido. Pero tanto me ten. Isto é humor, posiblemente humor malo, vale, ata aí poderiamos chegar, esa é unha crítica construtiva, pero cousa “guasona” ao fin ao cabo. De modo que, se vos gustou ben e se non tamén!
Ata aquí a miña escolma de candidatos, vídeos e impresións. Sei que as sensibilidades da militancia e dos simpatizantes dos distintos partidos en tempo de eleccións son máis pronunciadas e temo telas ferido. Pero tanto me ten. Isto é humor, posiblemente humor malo, vale, ata aí poderiamos chegar, esa é unha crítica construtiva, pero cousa “guasona” ao fin ao cabo. De modo que, se vos gustou ben e se non tamén!
Feliz
festa da democracia (oh! Un unicornio...)




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.