Amosando publicacións coa etiqueta Declaración de intencións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Declaración de intencións. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xullo de 2013

Retornando do meu delirio infanticida...

Non atoparedes nestas liñas máis pretensión que a de expresar a quen tropece coas mesmas (impulsado por unha adversa τύχη) unhas poucas e frívolas inquedanzas... Non aspiro a caer ben nin a crear opinión nun gran público, só aspiro a escribir sobre futilidades, menudencias e trivialidades varias cun purísimo sermo humilis que lle aporten unha mínima satisfacción á miña individualista e narcisista pero mediocre persoa.


E, por suposto, en galego.