Eras o meu rebelde heroe
vido das estrelas.
Jones, Bowie, Ziggy, Duque Branco... Moitos nomes, un só
deus.
Dende
que te coñecín quixen ser coma ti, ter un ollo de cada cor e ser a primeira en
levar “esas pintas” que tanto me fascinaban. Eras glam, eras o exceso, eras un mutante inabarcable.
Envexei o teu colosal talento mentres o
admiraba cada vez que escoitaba as túas cancións, agora himnos sen os que non
entendo a miña historia persoal.
Xenio
e figura, lenda viva e agora mito inmortal, fuches o antes e o despois, a
surreal pero tanxible visión dun talento brillante e sen precedentes. Sen ti,
custa imaxinalo todo.
Inventaches
a modernidade e non te conformaches co infinito.
Como
non botarte de menos agora que quedamos orfos de todo, dese todo que nos deches
e que tan prodixioso se me antollaba!
Non eras deste mundo, era imposible que algo
tan grande fose humano e sabía que só estabas de paso e que había que
aproveitar o efémero privilexio de terte entre nós.
Sabía
que este día chegaría pero para min chega demasiado axiña e oxalá puideses ter adiado
o teu regreso ás estrelas.
Hoxe
choramos a túa partida, mais o teu legado sempre nos reconfortará.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.