Facer humor é algo moi
serio. Non son a primeira en descubrir este oxímoro pero non está de máis
lembralo, maxime tendo en conta os
últimos acontecementos. Na miña opinión, non hai forma máis sa de tomarnos en
serio a nós mesmos, individual e colectivamente, que saber rirnos e
cachondearnos convenientemente dos nosos actos ou da nosa forma de ser. E nada
mellor que encarar a realidade tratando de caricaturizala. Sobre todo esta que
nos tocou vivir, tan fodidamente horrible e na que a liberdade está máis
próxima que nunca á utopía, algo que xa non cómpre recordar como un simple
apunte a pé de páxina e albergando a esperanza de que só sexa unha moi
pesimista opinión que nos rolda pola cabeza, porque xa nolo recordaron esta mesma
mañá como un feito consumado a tiros nas rúas de París.
Máis
absurdos: covarde ousadía a do fato de salvaxes que perpetraron esta mañá o
último e máis grave atentado contra a liberdade de expresión no mundo coñecido.
Non hai adxectivos nin amplificativos en ningunha lingua do mundo que expresen axeitada
e fidedignamente o tremendo noxo e a enorme repulsión que me asaltaron logo de
ler esta mañá as novas que chegaban do país veciño. O cabreo só podía ser
superlativo: que alguén decida que por rirte dun inxusto e cruel modelo social,
político e relixioso mereces morrer xa é colmo.
Calquera
que teña un espazo, máis grande ou máis pequeno, en calquera medio de
comunicación, máis ou menos masivo, debería hoxe sentirse solidario con todo o
equipo da publicación satírica francesa Charlie
Hebdo. Hoxe é un día para falar claro. Podería alambicar todo isto e
botarlle todo o mediocre preciosismo que me viñera á cabeza pero non. Estou ata
os ovarios. Paréceme indignante que neste mundo aínda quede xente que teña os
collonazos de ameazar a túa integridade física e moral por facer un uso máis
que razoable da túa liberdade de expresión. Xa non falo só dos que non teñen
ningún problema en emprendela a ostias ou a tiros simplemente porque non lles
gusta o que dis e pensas, senón daqueles que se ocultan detrás de rancias
lexislacións de recente entrada en vigor ou daqueles que se agochan tras un
anonimato virtual cuspindo insultos, infames mofas e lixo verbal de toda clase
nas redes sociais para tratar de silenciarte, aínda que o que escribas sexan
chorradas supinas e teñas a mesma capacidade de crear opinión que unha maceta.
Todos eles non son máis que escoura, unha auténtica lacra que apelando aos máis
baixos instintos da raza humana e cunha altura de miras considerablemente miúda
se cre co dereito inapelable de influírte e coaccionarte para que non fagas ou
digas esta cousa ou estoutra, simplemente porque a eles non lles gusta. Son
unha calamidade á que hoxe máis que nunca lle debemos dirixir un contundente
NON!
NON
nos calaredes.
NON
cederemos ante as vosas ameazas e intimidacións.
NON
lograredes meternos medo.
NON
nos quitaredes a nosa liberdade de expresión.
NON
nos obrigaredes a elixir entre a censura ou a morte.
(E
podería seguir, pero non quero redundar moito máis)
Déixovos
con algunhas reaccións moi dignas de mención:
Yorokobu
Visto en Facebook
El Jueves
Recomendo ler a magnífica “noticia” de El mundo today ao respecto.
O artigo de Darío Adanti (da revista satírica Mongolia) publicado en eldiario.es.
E, por último, unha reflexión vista no interesantísimo blog Inventarios de pánico.
O artigo de Darío Adanti (da revista satírica Mongolia) publicado en eldiario.es.
E, por último, unha reflexión vista no interesantísimo blog Inventarios de pánico.



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.