Adiántome á celebración patriótica e relixiosa por antonomasia desta nosa terra con algunha reflexión (non sei se incómoda, politicamente incorrecta ou directamente "chorra" e carente de toda lóxica ou fundamento), porque neste blog colle todo o que lle poida pasar pola cabeciña a unha servidora, mesmo aquelas opinións pouco populares que a poidan condenar ao averno das redes sociais! Pero boeno, hai que mollarse aínda que só sexa un pouquiño.
Día da patria galega… Patria? Que patria? Esta palabra próeme dun xeito singular por dous motivos fundamentais: o primeiro, a idea de ter unha nación na que asentar todas as miñas expectativas políticas e persoais. Digamos que sinto unha certa simpatía polo nacionalismo galego en particular por motivos moi obvios, creo que é evidente, e non nego que podo empatizar con outras sensibilidades nacionalistas do mundo, mais é posible que ese sentimento nacionalista que se manifesta en min dun xeito desigual e escéptico nacera como resposta á conduta a todas luces opresiva e pouco amable do poder establecido (preferentemente dereitista, capitalista e patriarcal). Se por min fora, se só dependera de min mesma, o anarquismo definiría á perfección o meu ser político pero hai tempo que aceptei e acatei (non moi a gusto) a existencia dunha superestrutura de liderado coa que teño que convivir, lidiar e á que debo contribuír dun xeito ou outro so pena de que as miñas opinións respecto da mesma perdan toda a súa validez. Pero de entrada, digamos que o sentimento patriótico e nacionalista non me chista moito, unha entidade tan pouco definida e abstracta como é a nación (case tanto como ese Deus do que tanto renego) non me merece moita credibilidade.
O segundo motivo polo que non me gusta moito iso da patria atópase na orixe mesma desa palabra, que funde as súas raíces no termo latino pater (“pai”, como é evidente). Dicir “patria” reflicte, ao meu modo de ver, unha tendencia ideolóxica inclinada cara o dominio nacional patriarcal, asumindo unha idea cuxa vixencia se fortaleceu durante séculos e que non entendeu nin de esquerdas, nin de dereitas, nin do inexistente centro: o estado é cousa de homes. Ás mulleres debería darnos vergoña erguer o puño por unha patria, de verdade. Ningunha patria velou polo noso dereito inalienable a decidir sobre o noso corpo, ningunha patria erradicou nin erradicará, polo visto, a violencia misóxina e machista (tanto a simbólica como a física) e ningunha patria garantiu a liberdade individual de cada muller. NINGUNHA.

En fin, todo isto (que obviamente se pode discutir, tan
só é o que eu penso sobre iso que chaman patria) non era máis que un preámbulo.
En realidade, só era unha escusa para comentar un documento sobre o que tiña
ganas de falar: unha conferencia de Teresa Moure, escritora, activista política
e feminista e profesora na USC, titulada O
desafío de xénero fronte á crise capitalista. Non coñezo persoalmente a esta
autora e o certo é que nunca lin un libro seu, o único que sei dela debo
remitilo a unha das principais fontes de coñecemento do mundo contemporáneo: Youtube.
Sí, seino. É triste. Porén, iso non me privará de poñer enriba da mesa unha
serie de cuestións francamente interesantes que se analizan neste vídeo.
Debo
dicir que me gusta a visión que ten esta muller do feminismo, unha visión que
non creo que lle fora inspirada da noite para a mañá e que imaxino que será
froito de horas e horas de lecturas, conferencias e reflexións. Aínda que todo
é opinable e discutible, o fondo do que ela expón gústame: rexeita a versión
máis rancia e falsa do que algúns entenden por feminismo, é dicir, que as mulleres
pasemos de oprimidas a opresoras sen máis, ocupando todos os espazos de poder
político, económico e social ata agora detentados por homes sen máis propósito que
ese, o de empoderarnos e invertir os roles, algo que non é máis que un
obxectivo limitado que non responde ás reivindicacións reais do feminismo.
Pese
a que discrepo co asunto do acoso e derribo ao emprego na linguaxe do masculino
xenérico como algo prioritario (para min, non deixa de ser unha concesión “chorra”
e meramente institucional que escurece o fondo real das proclamas do feminismo,
con todo, admito que a linguaxe tende a ser sexista, moi sexista), hai máis
cousas que me entusiasman da súa arenga como, por exemplo, a necesidade dunha solidariedade
e dunha sociedade do feminismo con outros movementos de reivindicación, coma o
ecoloxismo ou a loita antirracista. Tamén me gusta ver que o feminismo que
defende Teresa Moure está ancorado nun proxecto vital fondamente afectivo, isto
é, que as mulleres non deben prescindir dos afectos por aspirar a unha serie de
obxectivos. Eu interpreto que a negación destes afectos non nos fai máis
mulleres ou máis libres ou máis independentes (pódese ter parella ou fillos e
seguir sendo feminista, vamos) segundo o que escoitei no vídeo. Aínda así, o
que ela chama “liderado entrañable” paréceme un dos eufemismos máis impíos que
tiven a oportunidade de escoitar…
Pero,
repito, que ningún destes detalles cos que eu persoalmente non concordo
desmereza o fondo e a mensaxe principal deste parlamento (e evitarei mencionar que
todo o que ela expón choca un pouco coas súas aspiracións políticas persoais,
posto que hai pouco tempo formou parte das listas electorais ao senado dun partido
político que acata en gran parte, a pesar da súa ideoloxía de partida, as normas
dese sistema patriarcal, capitalista, competitivo e agresivo que tanto critica):
o feminismo é moito máis do que se nos intentou transmitir ao longo da historia
máis ben recente deste movemento e os seus obxectivos non son tan
reducionistas, posto que non debemos conformarnos con conquistar a esfera do
poder case como se dunha vendetta contra
os homes se tratase. E eu creo que esta é unha idea sobre a que todas as
mulleres deberiamos reflexionar en vísperas do día conmemorativo diso que
chaman “patria galega” que, coma todas as patrias, é excluínte con nós, co “outro”,
que dicía Simone de Beauvoir e que Moure tamén cita. Non debemos resignarnos á
consecución dun obxectivo limitado e a consecución da patria galega, para min,
é un obxectivo limitado que non debemos apoiar, senón que debemos ir máis aló.
E
non teño máis que dicir…
Feliz
día da matria (para os que a teñades)!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.